MÁIS DE 20 ANOS AVÁLANNOS
Mecanizados Indicaf comeza coma tal a súa andadura no ano 2010 na localidade de Cuntis, provincia de Pontevedra.
A pesar da súa recente creación está composta por un grupo de xóvenes profesionais con máis de 20 ano de experiencia no sector que envorcan todos os seus coñecementos e habilidades para proporcionar ao cliente o que realmente precisa.
A frescura, a cualificación e o bo facer que aporta a xuventude do equipo human que conforma a plantilla da empresa permitiunos crecer nos últimos anos de maneira exponencial, chegando a sectores e empresas que nunca imaxinamos nos nosos comezos.
Por todo isto, esperamos que confíes en nós para a realización dos teus proxectos e permitirnos demostrar ata donde somos capaces de chegar.