MECANIZADOS INDICAF
Mecanizados Indicaf é unha empresa dedicada ao deseño, fabricación e reparación de todo tipo de utillaxe e maquinaria mediante o arranque de labra.
A pesar de estar ubicados na comarca do Umia, Mecanizados Indicaf presta servizo a empresas de todo tipo de sectores industriais en toda a área xeográfica Galega.
En mecanizados Indicaf contamos con mais de 400 m2 de instalacións completamente equipadas con:
• Tornos manuais
• Tornos CNC
• Fresadoras manuais
• Centros de mecanizado
• Taladros de columna
• Mandriñadoras
...e todo o preciso para a fabricación de cualquer peza solicitada polos nósos clientes.
Contamos ademais con oficina técnica propia, o que nos proporciona gran versatilidade, axilidade e ratios de calidade insuperables en todos os procesos produtivos.
En mecanizados Indicaf a nósa premisa é a satisfacción total dos nósos clientes, polo que apostamos polos traballos “Chave en Man” participando e supervisando todos os procesos produtivos das nósas empresas colaboradoras que ofrecen servizos de todo tipo como:
• Corte láser
• Plegado
• Soldadura
• Automatismos
• Vulcanizados
• Fundición de metais
• Etc.