OFICINA TÉCNICA PROPIA
En Mecanizados Indicaf dispoñemos de oficina técnica propia.
O contar coa oficina técnica propia permítenos axilizar nos procesos de deseño e desenvolvemento tanto dos nosos traballos coma os dos nosos clientes, ao mesmo tempo que simplifica e mellora a comunicación entre ambas partes, o que redunda nun aforro de tempo, na minimización de erros durante o proceso de deseño e finalmente nun abaratamento de custos para o cliente.
Na nosa oficina técnica realizamos os deseños de fabricación usando os programas de deseño máis avanzados do momento, comezando polos máis sinxelos de tecnoloxía CAD – CAM e rematando con deseños máis visuais en 3D cando o traballo o precise.